Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

A obsolescencia

Imagen
 A obsolescencia é a caída en desuso de máquinas, equipamentos e tecnoloxías motivada non por un mal funcionamento dos mesmos, senón por un desempeño insuficiente das súas funcións en comparación coas novas máquinas, equipamentos e tecnoloxías introducidas no mercado. Tamén se pode definir como a diminución da vida útil dun ben de consumo ou de equipo, debido a un cambio económico ou avance tecnolóxico. Son varios os factores que conducen á obsolescencia dun dispositivo ou dunha tecnoloxía. A obsolescencia é un concepto máis económico que tecnolóxico: un ben pode estar en perfecto estado e prestar os seus servizos sen inconvenientes, pero considerarase obsoleto se xa existen bens de produción de maior rendemento. Por outra banda, a obsolescencia ás veces pode ser a estratexia do fabricante. Obsolescencia planificada. É cando á hora de fabricar ou crear un ben estúdase o momento óptimo para que o produto deixe de funcionar correctamente e necesite reparación ou substitución sen que o co