A obsolescencia

 A obsolescencia é a caída en desuso de máquinas, equipamentos e tecnoloxías motivada non por un mal funcionamento dos mesmos, senón por un desempeño insuficiente das súas funcións en comparación coas novas máquinas, equipamentos e tecnoloxías introducidas no mercado. Tamén se pode definir como a diminución da vida útil dun ben de consumo ou de equipo, debido a un cambio económico ou avance tecnolóxico.


Son varios os factores que conducen á obsolescencia dun dispositivo ou dunha tecnoloxía. A obsolescencia é un concepto máis económico que tecnolóxico: un ben pode estar en perfecto estado e prestar os seus servizos sen inconvenientes, pero considerarase obsoleto se xa existen bens de produción de maior rendemento.

Por outra banda, a obsolescencia ás veces pode ser a estratexia do fabricante.


Obsolescencia planificada. É cando á hora de fabricar ou crear un ben estúdase o momento óptimo para que o produto deixe de funcionar correctamente e necesite reparación ou substitución sen que o consumidor perda a confianza na marca.

Obsolescencia percibida. Cando se crea un produto cunha aparencia e posteriormente se vende o mesmo produto cambiando só o seu deseño.

Obsolescencia da especulación. Cando o produto se comercialice incompleto ou con menores prestacións a un prezo reducido para establecerse no mercado ofrecendo posteriormente o produto mellorado.


Eu creo que é unha boa estratexia aínda que os produtos deberían levar unha etiqueta ou unha marca que indique a aproximada duración dos obxectos que estamos a comprar xa que moita xente pode sentirse engañada ou traicionada, sen pensar nas mesmas empresas que si non fixeran estas tácticas comerciais nunca conseguirían benficio algún. A maioría das empresas beneficianse de isto aínda que moitas o fan a inversa facendo produtos de tan boa calidade e duradeiros que a xente os volveran a mercar . Esta é unha das moitas tácticas mercantías das empresas pero non comprendo como moita xente se enfada por cosas así xa que isto só unha das 1000 estratexias que teñen para embaucarnos.




Comentarios

Entradas populares de este blog

TAREA 14.- DISEÑO GIF ANIMADO